Formación

12/05/2026

Novidades na selección de protección ocular ou facial. Norma EN ISO 16321

Imaxe webinar
  • Data: 12/05/2026
  • Inscrición: 24/04/2026 a 12/05/2026
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Webinar organizado en colaboración con FREMAP sobre as novidades na selección de protección ocular e facial, centrado na nova norma EN ISO 16321, que substitúe á EN 166 como estándar de referencia. A sesión porá o foco na protección dos ollos e da cara como elementos clave da seguridade laboral, abordando os principais riscos e as solucións de protección existentes.

Durante o webinar facilitaranse ferramentas prácticas para a selección de equipos de protección ocular e facial, amosaranse criterios para unha elección axeitada mediante exemplos aplicados e daranse a coñecer as principais novidades introducidas pola norma EN ISO 16321.

Máis información e inscricións: Novidades na selección de protección ocular ou facial. Norma EN ISO 16321 | Xestión Eventos Issga

10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA

Fernando Rodríguez Correa. Director de Fremap en Vigo.

Adela Quinzá- Torroja García. Xerente do Issga. 

10.10 TIPOS DE PROTECCIÓN OCULAR OU FACIAL

FACTORES A CONSIDERAR NA SELECCIÓN

PRONTUARIO PARA A SELECCIÓN DE EPI

NOVIDADES DA NORMA EN ISO 16321

Javier Ruiz Pérez. Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Química Industrial e Técnico Superior en PRL. 

Javier Martínez Barahona. Enxeñeiro Químico, conselleiro de Seguridade no Transporte de Mercancías Perigosas e Técnico Superior en PRL.

11.40 COLOQUIO E PECHE

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga

Programa.

Documentación

Descarga pdfs: