27/07/2026
LALÍN_Curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira
- Data: 27/07/2026 a 29/07/2026
- Inscrición: 02/07/2026 a 23/07/2026
- Duración: 15 horas
- Prazas: 15
- Lugar de celebración: Lalín
Lugar e horarios
Lalín: 27, 28 e 29 de xullo de 2026. De 09:00 a 14:00 horas
Obxectivo do curso:
Proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.
Desenvolvemento do curso:
Os cursos teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.
Os datos relativos ao enderezo do local onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.
O Issga publicará na súa páxina web toda a información relacionada co desenvolvemento destes cursos.
Persoas destinatarias e distribución das prazas:
Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade á que se dirixe o curso.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
- Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición. - Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación xustificativa de pertenza ao colectivo con prioridade 1.
Solicitudes:
Prazo para presentar as solicitudes: 15/06/2026 ao 28/06/2026. Este prazo poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por curso.
Inscrición: https://conformaforestal.com/matricula/
Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario indicado no apartado anterior.
Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por cursos. No caso de non chegar a este mínimo, o Issga poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.
Para máis información pode contactar nos teléfonos 981551704 - 649163747 ou enviar un correo electrónico a issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal).
Acreditación da formación:
Ao remate de cada curso o Issga expedirá certificado de asistencia ao alumnado.
Control e seguimento das accións formativas:
O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do Issga.
Custo dos cursos e financiamento:
A asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.
1. A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO (0,5 HORAS)
Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. Lexislación de referencia. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA
2. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL (2 HORAS)
A motoserra
A rozadoira
3. OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPI) (1 HORA)
4. PLANIFICACIÓN DOS TRABALLOS DE APROVEITAMENTO (1 HORA)
Recoñecemento previo da parcela
Organización do método de traballo
5. PRIMEIROS AUXILIOS E PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN CASO DE ACCIDENTE (1 HORA)
6. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA (4,75 HORAS)
Identificación dos dispositivos de seguridade
Mantemento, montaxe e desmontaxe de motoserra
Manexo da motoserra. Técnicas de apeo, derramado e tronzado
7. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA ROZADOIRA (4,75 HORAS)
Identificación dos dispositivos de seguridade
Mantemento, montaxe e desmontaxe de rozadoira
Manexo da rozadoira. Técnicas de traballo