18/06/2026
Integración da perspectiva de xénero na ergonomía laboral
- Data: 18/06/2026
- Inscrición: 19/05/2026 a
- Lugar de celebración: En liña
Moitos postos de traballo, ferramentas e equipamentos continúan deseñándose a partir de modelos estándar masculinos, sen ter suficientemente en conta as diferenzas físicas e organizativas entre mulleres e homes. Este webinar, realizado en colaboración con McMutual, abordará como a integración da perspectiva de xénero na ergonomía laboral contribúe a mellorar a identificación e avaliación dos riscos ergonómicos, favorecendo contornas de traballo máis seguras, saudables e adaptadas á diversidade da poboación traballadora.
PROGRAMA PROVISIONAL
10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA
Representante de la Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / ISSGA
10.10 PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS: POR QUE INTEGRAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO NA SAÚDE LABORAL?
ASPECTOS CLAVE NA XESTIÓN DOS RISCOS ERGONÓMICOS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO
METODOLOXÍA E ENFOQUE PRÁCTICO PARA A XESTIÓN DE RISCOS ERGONÓMICOS DESDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO.
DESAFÍOS E OPORTUNIDADES
Vanessa Puig Aventín. Técnica superior de PRL e fisioterapeuta especialista en ergonomía laboral en MC MUTUAL
11.30 COLOQUIO E PECHE
Representante do ISSGA