Formación

21/11/2023

Hábitos saudables e enerxía emocional positiva no traballo

  • Data: 21/11/2023
  • Inscrición: 21/10/2023 a 21/11/2023
  • Lugar de celebración: En liña

Xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración con Asepeyo, que ten como obxectivo mostrar o impacto da comunicación e o funcionamento da enerxía emocional na prevención de accidentes laborais e os recursos persoais necesarios para unha correcta xestión.

Nesta actividade formativa presentaranse unha serie de ferramentas útiles para lograr un benestar laboral e persoal que axude no día a día.

Mostrarase a importancia de saber abordar, desde unha perspectiva positiva, as incidencias que poden xurdir na nosa actividade laboral diaria, como xestionar as emocións no centro de traballo e como estas poden contribuír positivamente no desenvolvemento competitivo do noso sector empresarial

Inscrición a través da web de eventos do ISSGA.

PRESENTACIÓN

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA

10.35 APERTURA

Mª Encarnación Sousa Rodríguez. Subdirectora Xeral Técnica e de Planificación do ISSG

Romina Maria Gonzalez-Dopeso Portela. Directora autonómica de Asepeyo en Galicia

10.40 HÁBITOS SAUDABLES NA CONTORNA LABORAL

CAMPAÑA “XESTIÓN DA ENERXÍA EMOCIONAL NO TRABALLO”

Ángel Fernández Orosa. Consultor en Prevención de Asepeyo

11.30 COLOQUIO E PECHE

Representante do ISSGA

PROGRAMA