Formación

03/10/2022

ESGOS_Curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira

  • Data: 03/10/2022 a 05/10/2022
  • Inscrición: 01/06/2022 a 28/09/2022
  • Duración: 15 horas
  • Prazas: 15
  • Lugar de celebración: Esgos
Curso gratuito. 15 horas repartidas en 3 xornadas.

Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade forestal, agraria ou de xardinería.

Lugar: Esgos
Horario: de 09:00 a 14:00 horaas horas.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
·         Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
·         Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II  da convocatoria da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable a continuacón (Ficha de inscrición editable)

 

O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
  • Por correo electrónico, ao enderezo desenvolvementorural.issga [at] xunta.es (issga.)desenvolvementorural.issga [at] xunta.es (formacion)desenvolvementorural.issga [at] xunta.es (@xunta.gal) ou formacion [at] conformaforestal.com ()rel="noopener noreferrer" target="_blank"
  • Por entrega á empresa xestora; información nos teléfonos 981551704 e 659515371
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 8, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.

Máis información nos teléfonos 981551704 e 659515371 ou no enderezo formacion [at] conformaforestal.com ()rel="noopener noreferrer" target="_blank" ou issga.formacion [at] xunta.gal ()

CONTIDO DO CURSO

  1. A seguridade e a saúde no traballo (0,5 horas)

  2. A prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal (2 horas)

  3. Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora)

  4. Planificación dos traballos de aproveitamento (1 hora)

  5. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora)

  6. Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente (0,5 horas)

  7. Práctica. Prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (5 horas)

  8. Práctica. Prevención de riscos laborais no manexo da rozadoira (5 horas)

 

Pódese descargar a convocatoria e a solicitude no apartado de documentación.

Documentación

Descarga pdfs: