Formación

23/10/2026

Desperta ao perigo: somnolencia e seguridade viaria

Queres inscribirte? →Inscribirme

Esta xornada técnica  responde á necesidade de desenvolver accións específicas para mellorar a seguridade viaria laboral en Galicia, en consonancia co previsto na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e no Plan de actuación 2026 do ISSGA.

O aumento da sinistralidade laboral con orixe no tráfico, tanto durante a xornada laboral (“en misión”) como nos desprazamentos “itinere" así como os recentes estudos elaborados polo Issga da sinistralidade do sector servizos, evidencian que a actividade de transporte precisa de actuacións sobre os factores de risco asociados á condución profesional, entre os que destacan a somnolencia, a fatiga e a falta de atención como elementos de risco.

Neste contexto, a xornada pretende dar resposta a esta realidade a través dun enfoque multidisciplinar e cooperativo, que teña en conta tanto os factores sanitarios, organizativos e de mobilidade, como os comportamentais, promovendo unha cultura preventiva específica para os desprazamentos laborais.

10:00 PRESENTACIÓN

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga

10:10 SINISTRALIDADE VIARIA RELACIONADA COA SOMNOLENCIA DURANTE A CONDUCIÓN

Comandante Xefe José Miguel Martínez Suárez. Subsector Tráfico Pontevedra

10:30 FACTORES QUE INFLÚEN NA APARICIÓN DA SOMNOLENCIA E MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Mar Mosteiro Añón. Xefa de Sección da Unidade de Trastornos Respiratorios do Sono_Hospital Álvaro Cunqueiro_Vigo
Enrique Álvarez Fortes. Vicepresidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra
José Miguel López Gey. Xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada_Centro Issga_Pontevedra

11:45 PAUSA 

12:15 A VISIÓN PARTICULAR DO PROFESIONAL DE TRANSPORTES POR ESTRADA

Pilar Vilar. Técnica de prevención de Asetranspo
Profesional dos transportes por estrada. Asetranspo 

12:45 TALLER PRÁCTICO: SIMULADOR DE ALTA INMERSIÓN CON GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL

Asepeyo

13:15 PECHE

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga


 

Programa.

Documentación

Descarga pdfs:

Solicitude de inscrición

Por favor, introduza os datos que se lle solicitan a continuación tendo en conta que, no caso de ser desempregado, non debe cubrir os datos relativos á empresa. Os campos marcados con asteriscos (*) son obrigatorios.

DATOS PERSOAIS
DATOS DA EMPRESA

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
Finalidades do tratamento

Xestión da inscrición á formación solicitada, control de asistencia e emisión dos certificados de aproveitamento ou asistencia a dita formación. Desenvolvemento de accións formativas, de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.

Captación e difusión das imaxes realizadas durante as actividades.

Xestión das listas de distribución para o envío de información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poida ser de interese.

Lexitimación para o tratamento:

Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (Lei 14/2007, do 30 de outubro pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral)

Consentimento outorgado pola persoa interesada para a captación e difusión das imaxes da actividade e para o envío de información.

Destinatarios dos datos

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Así mesmo, as imaxes captadas durante a realización das xornadas poderán ser difundidas a través de páxina web institucional da Xunta de Galicia e do ISSGA, informes de actuación e publicacións técnicas destes organismos.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa solicitude a issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal). A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
Extras
Información de otros cursos
Extras offline
Cesión de dereitos de imaxe
CAPTCHA
14 + 5 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.