Formación

14/05/2026

Desperta ao perigo: somnolencia e seguridade viaria

Imaxe xt
  • Data: 14/05/2026
  • Inscrición: 20/04/2026 a 14/05/2026
  • Duración: 3 horas
  • Lugar de celebración: Centro Issga_Ourense

Esta xornada técnica  responde á necesidade de desenvolver accións específicas para mellorar a seguridade viaria laboral en Galicia, en consonancia co previsto na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e no Plan de actuación 2026 do ISSGA.

O aumento da sinistralidade laboral con orixe no tráfico, tanto durante a xornada laboral (“en misión”) como nos desprazamentos “itinere" así como os recentes estudos elaborados polo Issga da sinistralidade do sector servizos, evidencian que a actividade de transporte precisa de actuacións sobre os factores de risco asociados á condución profesional, entre os que destacan a somnolencia, a fatiga e a falta de atención como elementos de risco.

Neste contexto, a xornada pretende dar resposta a esta realidade a través dun enfoque multidisciplinar e cooperativo, que teña en conta tanto os factores sanitarios, organizativos e de mobilidade, como os comportamentais, promovendo unha cultura preventiva específica para os desprazamentos laborais.

 

10.00 RECEPCIÓN

10.00 PRESENTACIÓN

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga

10.30 DATOS SOBRE SINISTRALIDADE VIARIA RELACIONADA COA SOMNOLENCIA DURANTE A CONDUCIÓN

David Llorente Rey. Xefe provincial de tráfico de Ourense

Javier Barja Álvarez. Capitán da Agrupación de tráfico da Garda Civil de Ourense

10.50 FACTORES QUE INFLÚEN NA APARICIÓN DA SOMNOLENCIA E MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Isaura Parente Lamelas. Xefa do Servizo de Neumoloxía do CHUO

Santiago Leyes Vence. Presidente do Colexio oficial de Farmacéuticos de Ourense

Cesar André Rivas. Xefe da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga

11.50 PAUSA 

12.30 TALLER PRÁCTICO: SIMULADOR DE ALTA INMERSIÓN, GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL E MOSTRA DE DISPOSITIVOS DO SÍNDROME DE APNEA

Rafael Luis Moyer Álvarez e Daniel Camino Gómez. Consultores de prevención de Asepeyo

Natalia Álvarez Pérez, Marta Rodríguez Grandas e Patricia Rodríguez Menéndez. De VitalAire

13.00 COLOQUIO E PECHE

Representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración / Issga

Programa