Formación

26/03/2024

Curso de prevención de riscos laborais para PERSOAL TRABALLADOR AUTÓNONO. Nivel básico_ En liña

  • Data: 26/03/2024 a 06/05/2024
  • Inscrición: 26/01/2024 a 23/03/2024
  • Duración: 60 horas
  • Prazas: 100
  • Lugar de celebración: En liña

Queres inscribirte? →Inscribirme

O PRAZO DE INSCRICIÓN COMEZA O 26/01/2024 AS 09.00 HORAS.

Este curso realizarase na modalidade de teleformación a través da plataforma da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

INSCRICIÓN

  • Directamente a través do formulario que estará dispoñible nesta mesma páxina durante o prazo de inscrición

  • Cubrindo a folla de inscrición que figura no arquivo CURSO PRL EN LIÑA AUTÓNOMOS 2024 e achegándoa por mail ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal, ben directamente ou a través das asociacións de traballadores autónomos representadas na Mesa do Autónomo da Xunta de Galicia

CONTIDO

Curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (10 horas).

Esta formación pode non ser validable aos efectos da formación mínima necesaria para o desempeño das funcións preventivas de nivel básico para os sectores nos que o respectivo convenio colectivo contemple outras especificacións.

PROGRAMA

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo

2. Riscos xerais e a súa prevención

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos

5. Primeiros auxilios

6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero

OBXECTIVO

O obxectivo deste curso é proporcionar a formación que establece o anexo IV do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

DESTINATARIOS

Persoal traballador autónomo.

REQUISITOS

Non se require titulación específica.

METODOLOXÍA

1. Solicitude por medios telemáticos.

2. Comunicación de admisión

3. Realización a través da plataforma de EGAP na que poderá acceder as todos os elementos do curso: descargas, consultas, titorías, bibliografía, probas de seguimento, foros, axenda, buzón persoal, etc.

Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e exercicio final presencial que terá lugar o 6 de maio ás 10:00 horas de xeito telemático a través da aula virtual.

As persoas que superen o exame final obterán un certificado de aproveitamento.

Contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (10 horas):

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo

2. Riscos xerais e a súa prevención

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos

5. Primeiros auxilios

6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero

SOLICITUDE.

Documentación

Descarga pdfs:

Solicitude de inscrición

Por favor, introduza os datos que se lle solicitan a continuación tendo en conta que, no caso de ser desempregado, non debe cubrir os datos relativos á empresa. Os campos marcados con asteriscos (*) son obrigatorios.

DATOS PERSOAIS
DATOS DA EMPRESA

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
Finalidades do tratamento Desenvolvemento de accións formativas, de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais. Xestión das listas de distribución para o envío de información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.
Lexitimación para o tratamento:

Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (Lei 14/2007, do 30 de outubro pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral)

Consentimento outorgado pola persoa interesada para o envío de información.

Destinatarios dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa solicitude a issga.formacion [at] xunta.gal. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
Extras
Información de otros cursos
Extras online
6 + 8 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.