Formación

11/10/2022

Curso de prevención de riscos laborais para persoal traballador autónomo. Nivel básico_ En liña

  • Data: 11/10/2022 a 17/11/2022
  • Inscrición: 09/09/2022 a 09/10/2022
  • Duración: 60 horas
  • Prazas: 100
  • Lugar de celebración: En liña

O PRAZO DE INSCRICIÓN COMEZA O 09/09/2021 AS 09.00 HORAS.

Este curso realizarase na modalidade de teleformación a través da plataforma da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

INSCRICIÓN

  • Directamente a través do formulario que estará dispoñible nesta mesma páxina durante o prazo de inscrición

  • Cubrindo a folla de inscrición que figura no arquivo CURSO PRL EN LIÑA AUTÓNOMOS 2022 e achegándoa por mail ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal, ben directamente ou a través das asociacións de traballadores autónomos representadas na Mesa do Autónomo da Xunta de Galicia

CONTIDO

Curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (10 horas).

Esta formación pode non ser validable aos efectos da formación mínima necesaria para o desempeño das funcións preventivas de nivel básico para os sectores nos que o respectivo convenio colectivo contemple outras especificacións.

PROGRAMA

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo

2. Riscos xerais e a súa prevención

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos

5. Primeiros auxilios

6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero

OBXECTIVO

O obxectivo deste curso é proporcionar a formación que establece o anexo IV do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

DESTINATARIOS

Persoal traballador autónomo.

REQUISITOS

Non se require titulación específica.

METODOLOXÍA

1. Solicitude por medios telemáticos.

2. Comunicación de admisión

3. Realización a través da plataforma de EGAP na que poderá acceder as todos os elementos do curso: descargas, consultas, titorías, bibliografía, probas de seguimento, foros, axenda, buzón persoal, etc.

Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e exercicio final presencial que terá lugar o 17 de novembro ás 10:00 horas. En función da evolución da situación actual derivada da COVID-19, esta proba final realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial en calquera dos centros territoriais do Issga da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela, o cal será comunicado a través da canles de comunicación do curso coa debida antelación.

As persoas que superen o exame final obterán un certificado de aproveitamento.

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo

2. Riscos xerais e a súa prevención

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos

5. Primeiros auxilios

6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero

DOCUMENTACIÓN.

Documentación