Formación

05/11/2018

Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico. 4ª Edición 2018. Pontevedra

  • Data: 05/11/2018 a 09/11/2018
  • Inscrición: 05/10/2018 a 02/11/2018
  • Duración: 35 horas
  • Prazas: 50
  • Lugar de celebración: Centro Issga de Pontevedra
  • Consultar a ubicación en Google Maps

O número de prazas é limitado, polo que a inscrición pecharase no momento que se complete o aforamento dispoñible; mentres haxa prazas dispoñibles, poderanse enviar novas solicitudes ata a data de fin de inscrición.

Corresponde aos establecidos no Regulamento dos Servizos de Prevención (Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro).

Obxectivos

1. Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.

2. Proporcionar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.

 

Integran o nivel básico da actividade preventiva as FUNCIÓNS seguintes:

  • Promover os comportamentos seguros e a correcta utilización dos equipos de traballo e protección, e fomentar o interese e cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada.
  • Promover, en particular, as actuacións preventivas básicas, tales como a orde, a limpeza, a sinalización e o mantemento xeral, e efectuar o seu seguimento e control.
  • Realizar avaliacións elementais de riscos e, no seu caso, establecer medidas preventivas do mesmo carácter compatibles co seu grao de formación.
  • Colaborar na avaliación e o control dos riscos xerais e específicos da empresa, efectuando visitas para o efecto, atención a queixas e suxestións, rexistro de datos, e cantas funcións análogas sexan necesarias.
  • Actuar en caso de emerxencia e primeiros auxilios xestionando as primeiras intervencións para o efecto.
  • Cooperar cos servizos de prevención, se é o caso.

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

2. Riscos xerais e a súa prevención.

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.

5. Primeiros auxilios.

6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.