Formación

06/09/2022

CUNTIS_Curso de prevención de riscos laborais para persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar

  • Data: 06/09/2022 a 15/09/2022
  • Inscrición: 09/08/2022 a 01/09/2022
  • Duración: 16 horas
  • Prazas: 15
  • Lugar de celebración: Cuntis

1.Contido

1. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (8 HORAS).
1.1. Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora (4 horas)
1.1.1 Risco asociado á mobilización manual de persoas
1.1.2 Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica
1.1.3. Identificación dos factores de risco
1.1.4. Estratexia preventiva
1.2. Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas escorrentes e táboas de transferencia (4 horas).

2. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS BIOLÓXICOS (4 HORAS)
2.1. Precaucións básicas fronte ao risco biolóxico
2.1.1. Tarefas con risco de contaxio de enfermidades
2.1.2. Que facer para evitar contaxios
2.1.3. Accidentes con risco biolóxico. Que facer
2.1.4. Pautas para minimizar a transmisión da Covid 19 para traballadores do sector sociosanitario
• Transmisión
• Vías de entrada no organismo
• Diferentes formas de transmisión
• Uso de EPI
• Precaucións
• Material cortante ou punzante, riscos e precaucións
• Vacinas: a importancia da inmunización.
2.2. Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso  de luvas, máscara, bata. Manexo
2.3. Práctica con EPI:
2.3.1. Posta
2.3.2.Retirada
2.3.3. Limpeza e almacenamento

3. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (4 HORAS)
3.1. Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.
3.2. Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas
3.3 Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real
3.4. Situación actual COVID-19: Efectos psicosociais que se están presentando nos centros de traballo.
3.5. Práctica de técnica/s para a redución do estrés no traballo

2. Obxectivo dos talleres

Proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.
 

3. Desenvolvemento dos talleres

  • O ISSGA publicará na súa páxina web (http://issga.xunta. gal), con antelación suficiente, as datas, horario e lugares definitivos onde se impartirán os talleres.
  • Os talleres teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

4. Horario e lugar:

6, 8, 13 e 15 de setembro de 2022.

De 16:00 a 20:00 horas na Pl. Arranz. Centro Formación Ocupacional.

Os datos relativos ao enderezo do local onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.

Así mesmo, na páxina web indicada poderase consultar calquera outra información relacionada co desenvolvemento destes talleres.

5. Persoas destinatarias e distribución das prazas

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

6. Criterios de selección

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

  • Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
    Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase
    por orde de inscrición.
  • Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
    Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase
    por orde de inscrición.
     

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que
acredite a prioridade 1.

7. Solicitudes

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (http://issga.xunta.gal). O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal
  • Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981392209

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte

De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo
prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por taller. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

8. Acreditación da formación

Ao remate de cada taller o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

9. Control e seguimento das accións formativas:

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.

10. Custo dos talleres e financiamento

A asistencia a estes talleres será gratuíta para as persoas seleccionadas.

1.Contido

1. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (8 HORAS).
1.1. Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora (4 horas)
1.1.1 Risco asociado á mobilización manual de persoas
1.1.2 Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica
1.1.3. Identificación dos factores de risco
1.1.4. Estratexia preventiva
1.2. Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas escorrentes e táboas de transferencia (4 horas).

2. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS BIOLÓXICOS (4 HORAS)
2.1. Precaucións básicas fronte ao risco biolóxico
2.1.1. Tarefas con risco de contaxio de enfermidades
2.1.2. Que facer para evitar contaxios
2.1.3. Accidentes con risco biolóxico. Que facer
2.1.4. Pautas para minimizar a transmisión da Covid 19 para traballadores do sector sociosanitario
• Transmisión
• Vías de entrada no organismo
• Diferentes formas de transmisión
• Uso de EPI
• Precaucións
• Material cortante ou punzante, riscos e precaucións
• Vacinas: a importancia da inmunización.
2.2. Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso  de luvas, máscara, bata. Manexo
2.3. Práctica con EPI:
2.3.1. Posta
2.3.2.Retirada
2.3.3. Limpeza e almacenamento

3. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (4 HORAS)
3.1. Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.
3.2. Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas
3.3 Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real
3.4. Situación actual COVID-19: Efectos psicosociais que se están presentando nos centros de traballo.
3.5. Práctica de técnica/s para a redución do estrés no traballo

DOCUMENTACIÓN.

Documentación

Descarga pdfs: