Formación

05/05/2017

Cumprimento normativo das persoas xurídicas en PRL. Responsabilidade penal

  • Data: 05/05/2017 a 05/05/2017
  • Lugar de celebración: Centro Issga da Coruña

Esta xornada, realizada en colaboración co Consello Xeral de Profesionais de Seguridade e Saúde no Traballo, ten como obxectivo analizar os novos cambios en relación coa responsabilidade das persoas xurídicas e as persoas físicas que a compoñen e transmitir aos profesionais a importancia do cumprimento normativo e as responsabilidades asociadas co incumprimento.

PROGRAMA

8.45   RECEPCIÓN DE ASISTENTES E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

9.00   PRESENTACIÓN
Adela Quinzá-Torroja García. Directora do ISSGA
Miguel Ángel de la Cruz Molina. Vicepresidente do Consejo General de Profesionales Compliance

9.15   A RESPONSABILIDADE PENAL DAS PERSOAS XURÍDICAS E OS TÉCNICOS DE PREVENCIÓN
Rafael Ruiz Calatrava. Vocal da Real Academia da Xurisprudencia e presidente do Consello Xeral de Profesionais de Seguridade e Saude  no Traballo

10.00   A VISIÓN DA FISCALÍA
Juan Antonio Frago Amada. Fiscal de delitos Económicos da Coruña

10.45   DESCANSO

11.15   OS SISTEMAS DE XESTIÓN COMPLIANCE E O COMPLIANCE OFFICERS. RELACIÓN COA PRL
Juan Carlos Bajo Albarracín. Presidente do Consello Xeral de Profesionais Compliance

12.00   A CERTIFICACIÓN DOS SISTEMAS DE XESTIÓN COMPLIANCE
Pendente - Certificación Applus

12.45   O PAPEL DOS ASESORES E OS GRADUADOS SOCIAIS EN COMPLIANCE
Blanca Lesta Castelo. Blanca Lesta Abogados

13.15   COLOQUIO E PECHE
Fernando González Abeijón. Subdirector xeral Técnico e de Planificación do ISSGA