Formación

09/05/2025

Coordinación de actividades empresariais: elemento clave da acción preventiva no sector naval

Imaxe xt naval
  • Data: 09/05/2025
  • Inscrición: 14/04/2025 a 09/05/2025
  • Duración: 3 horas
  • Lugar de celebración: Centro Issga_Pontevedra (Rande-Redondela)

En encontro reunirá a expertos, responsables de prevención e representantes das empresas do sector quen achegou o seu a súa visión e compartido os seus coñecementos, experiencias e desafíos futuros en materia de seguridade.

Durante a xornada abordaranse temas fundamentais como as condicións materiais nos estaleiros, o sistema de xestión preventivo, o procedemento CAE (Coordinación de actividades empresariais) e a visión desde os servizos de prevención alleos. Ademais, a xornada servirá para a exposición de casos prácticos e experiencias actuais que ilustraron como a coordinación efectiva pode marcar a diferenza na protección dos traballadores e na prevención de accidentes laborais.

O novo documento da colección Lembra, titulado "Coordinación de actividades empresariais" ten como obxectivo de facilitar a comprensión e aplicación das figuras e conceptos clave na coordinación de actividades, analiza en detalle os obxectivos e procedementos que deben seguirse en todas as fases dunha obra naval, desde os traballos preliminares ata a súa finalización. A finalidade é que todas as empresas involucradas conten cos medios adecuados para protexer aos seus empregados e manter condicións seguras nas súas instalacións.

9:50 PRESENTACIÓN

Pablo Fernández López. Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

10:00 ANTECEDENTES. LEMBRA SECTOR NAVAL

Diego Castro Balboa. Xefe da Área Técnica de Seguridade no Traballo e Hixiene Industrial do Centro Issga_Pontevedra

10:20 CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN NO SECTOR NAVAL

Lourdes González Vázquez. Xefa da Sección de Seguridade no Traballo do Centro Issga_Pontevedra

10:40 CONDICIÓNS MATERIAIS E SISTEMA DE XESTIÓN

Rocío Mariño Debén. Inspectora de Traballo e Seguridade Social. ITSS Pontevedra

Roberto Cruz Úbeda. Subinspector Laboral, escala de Seguridade e Saúde Laboral. ITSS_Pontevedra

11:10 DESCANSO

11:40 PROCEDEMENTO CAE: A VISIÓN DESDE UN SERVIZO
DE PREVENCIÓN ALLEO

Paula Graña Morado. Técnica de prevención de Quirónprevención

12:00 DÍA A DÍA DO COORDINADOR DE SEGURIDADE E SAÚDE
NUN ESTALEIRO

Óscar Arza Parracía. Técnico de prevención de Construcciones Navales P. Freire

12:30 VIVENCIAS ACTUAIS E DESAFÍOS FUTUROS

Mario Borja Cardama Aldecoa. Dpto. de Seguridade e Saúde de Astilleros Cardama

Andrés Bastida Fernández. Responsable de Saúde Laboral no sector naval de CCOO Industria Galicia 

Emma Caldelas. Responsable Recursos Humanos de Metalships

Rubén Pérez Prego. Secretario Xeral de UGT Industria

Alexander Aguiar Lorenzo. Responsable de prevención de Astilleros Armón

Xulio Fernández Alonso. Secretario comarcal de CIG industria

13:00 PECHE

Alfonso Pérez Santiago. Xefe do Centro Issga_Pontevedra

 

Programa.

Documentación

Descarga pdfs: