Formación

23/04/2026

Construíndo benestar: ferramentas para contornas de traballo psicosocialmente saudables

Imaxe webinar
  • Data: 23/04/2026
  • Inscrición: 30/03/2026 a 23/04/2026
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Nun contexto laboral cada vez máis esixente e cambiante, os factores psicosociais convertéronse nun elemento crave para a saúde das persoas traballadoras e o bo funcionamento das organizacións. A xestión da tensión, a carga de traballo, o clima laboral ou o estilo de liderado son aspectos que inflúen directamente no benestar, a motivación e o rendemento.

Este webinar realizado en colaboración con Asepeyo, que se celebrará o 23 de abril, enmárcase no Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, centrado este ano nas contornas de traballo psicosocialmente saudables. A sesión ofrecerá unha visión práctica sobre o marco normativo e estratéxico, a avaliación dos riscos psicosociais e, especialmente, sobre como transformar o diagnóstico en accións mediante ferramentas e recursos aplicables, promovendo contornas laborais máis saudables, participativas e sostibles.

Máis información e inscricións: Construíndo benestar: ferramentas para contornas de traballo psicosocialmente saudables | Xestión Eventos Issga

10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración 

10.10 RISCOS PSICOSOCIAIS NA EMPRESA? MARCO NORMATIVO E ESTRATÉXICO PARA A EMPRESA

AVALIACIÓN DE FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAL

DO DIAGNÓSTICO Á ACCIÓN: ENFOQUE, RECURSOS E FERRAMENTAS

Saioa Martínez Mauleón. Coordinadora Territorial Prevención Norte de Asepeyo 

Ángel Fernández Orosa. Consultor de prevención de Asepeyo en Galicia

11.30 COLOQUIO E PECHE

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do Issga

Programa.

Documentación

Descarga pdfs: