19/02/2026
Consignación de maquinaria. Procedemento de implantación
- Data: 19/02/2026
- Inscrición: 21/01/2026 a 19/02/2026
- Duración: 1 horas
- Lugar de celebración: En liña
O ISSGA inaugura a súa oferta formativa incluída no Plan de actuación para o ano 2026 cunha xornada técnica en formato webinar, organizada en colaboración con Ibermutua, que se enmarca nas accións de sensibilización e formación impulsadas polo instituto para mellorar a seguridade e a saúde laboral nos centros de traballo.
O webinar céntrase na consignación de maquinaria e no bloqueo de enerxías perigosas, un procedemento esencial para previr accidentes laborais durante tarefas de posta en marcha, mantemento, reparación ou limpeza de equipos de traballo. Ao longo da sesión porase de relevo que os accidentes non son froito do azar, senón consecuencia de causas concretas que poden eliminarse mediante unha adecuada planificación preventiva.
Durante a xornada abordaranse os conceptos básicos de consignación, bloqueo e etiquetado (LOTO), a identificación das distintas fontes de enerxía e os accidentes máis frecuentes asociados á súa incorrecta xestión, destacando a necesidade de establecer procedementos de traballo seguros baseados na formación, na información do persoal e na aplicación efectiva de medidas preventivas adaptadas a cada contorna laboral.
Esta actuación alíñase coa Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia, Horizonte 2027, e cos obxectivos do Plan de actuación 2026 do ISSGA, que aposta por accións formativas específicas para reducir a sinistralidade laboral e promover unha cultura preventiva sólida, integrando a seguridade, a saúde e o benestar en todos os niveis da organización.
Para máis información e inscrición: Xestión Eventos Issga
10.00 PRESENTACIÓN E APERTURA
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
10.10 CONSIGNACIÓN DE MAQUINARIA
QUE SE ENTENDE POR CONSIGNACIÓN / BLOQUEO / ETIQUETAXE?
PRINCIPIOS APLICABLES: IDENTIFICACIÓN DE FONTES DE ENERXÍA, TIPOS DE ACCIDENTES.
PROCEDEMENTO DE TRABALLO SEGURO: ESTUDOS PREVIOS, NECESIDADES E ALCANCE, PERSOAL IMPLICADO, FORMACIÓN / INFORMACIÓN, PLAN DE ACCIÓN LOTO. APLICACIÓN.
FERRAMENTAS POSIBLES: DISPOSITIVOS DE BLOQUEO, EXEMPLOS
Victor Sáenz-Olazábal Díaz. Técnico de prevención de Ibermutua
11.10 COLOQUIO E PECHE
Marta Aneiros Vieites. Técnica de seguridade e saúde laboral. Centro Issga_Lugo
Programa
Documentación
Descarga pdfs: