Formación

18/04/2024

Como avanzar no benestar laboral e ser unha empresa saudable e sostible

Imaxe XT_Benestar laboral

Xornada técnica realizada en colaboración con Aenor.

Nunha organización saudable o benestar dos traballadores e traballadoras debe ser parte primordial do conxunto de valores no que a seguridade e saúde laboral está por encima de calquera consideración e involucrar a persoas, provedores, colaboradores e clientes das empresas.

Unha empresa saudable significa, que ademais do cumprimento legal en prevención de riscos laborais, a saúde das persoas traballadoras xestiónase desde un enfoque integral e integrado e considérase a saúde en todas as políticas da empresa.

 

10.15 PRESENTACIÓN

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA

José E. Rodríguez Coello. Director sede Galicia. AENOR

10.20 ACHEGAR O BENESTAR LABORAL Á EMPRESA. PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE

Nieves Lorenzo Espeso. Xefa da Área Técnica Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicoloxía Aplicada do Centro ISSGA_A Coruña

11.10 DESCANSO

11.30 CARA A UNHA CULTURA DE BENESTAR. ESTRATEXIAS E BENEFICIOS DA CERTIFICACIÓN SIGOS DE AENOR

Carolina Soto Mojica. Manager Sanidade e Saúde. AENOR

12.30 COLOQUIO E PECHE

José Rega Piñeiro. Xefe do Centro Issga_A Coruña

Programa

Documentación