25/03/2025

Coida o teu corazón: saúde cardiovascular

  • Data: 25/03/2025
  • Duración: 1 horas
  • Lugar de celebración: En liña

A prevención e promoción da saúde no traballo deben ir de man, compartindo principios e obxectivos comúns. Con este enfoque, o ISSGA, en colaboración con FREMAP, organiza esta xornada técnica en formato webinar centrada na prevención das enfermidades cardiovasculares co fin de proporcionar ao persoal traballador formación e información clave sobre esta problemática e as mellores estratexias para previla.

Este evento está dirixido a todos as persoas traballadoras interesadas en coñecer mellor as enfermidades cardiovasculares e a súa prevención. Ofrece unha oportunidade valiosa para aprender a coidar a saúde do corazón, identificar factores de risco e adoptar hábitos saudables na contorna laboral.

As empresas xogan un papel fundamental na mellora do benestar dos seus equipos, fomentando prácticas que promovan a saúde no traballo. Implantar medidas de prevención e sensibilización non só beneficia directamente ao persoal traballador senón que tamén impacta positivamente na produtividade empresarial e na responsabilidade social corporativa, contribuíndo ao benestar da sociedade en xeral.

Esta actividade enmárcase na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027  e nas accións do Plan de Actuación do ISSGA 2025 co obxectivo de fomentar a promoción da saúde no traballo e mellorar o benestar laboral, coa que o instituto reforza as iniciativas que favorecen a creación de contornas laborais máis seguras e saudables.

Máis información e inscrición: https://issgaeventos.com/coida-o-teu-corazon-saude-cardiovascular/

 

 

09.45 PRESENTACIÓN E APERTURA

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga

Carlos Llanos Santos. Director Rexional Galicia. Fremap

10.00 ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES: IMPACTO E AFECTACIÓNS

RISCO CARDIOVASCULAR E PRINCIPAIS FACTORES RELACIONADOS

PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES: COLESTEROL, HIPERTENSIÓN, TABACO, SEDENTARISMO, OBESIDADE E DIABETES MELLITUS

Marta Nores. Coordinadora de incapacidade temporal por continxencias comúns. Fremap Galicia

11.00 COLOQUIO 

Eva Esperante Insua. Xefa da Sección de Formación, Divulgación e Documentación do Issga

Programa.

Documentación

Descarga pdfs: