11/03/2026
Campaña Issga_Difusión do protocolo para a prevención e a actuación ante situacións de violencia laboral externa no servizo de axuda no fogar
- Data: 11/03/2026
- Inscrición: 19/02/2026 a 06/03/2026
- Duración: 3 horas
- Lugar de celebración: Expourense_Previsel
- Consultar a ubicación en Google Maps
Xornada encadrada no marco de Previsel.
O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) permite que a arredor de 23.000 persoas con dependencia en Galicia reciban coidados nos seus domicilios, involucrando á súa vez a miles de persoas traballadoras encargadas de realizalo. Este servizo está altamente feminizado e a súa prestación implica a exposición a factores de risco para as persoas que desenvolven estas tarefas. Entre as formas de lesión máis habituais existentes nesta actividade están as relacionadas cos sobresforzos físicos, os accidentes nos desprazamentos entre domicilios, as caídas e os golpes, pero tamén aquelas relacionadas con situacións de violencia.
O ISSGA, no seu Plan de actuación do 2026, ven de reforzar o seu compromiso coa promoción da cultura preventiva e a redución da sinistralidade laboral así como en ofrecer pautas para a prevención e actuación ante situacións de violencia externa asociados a esta actividade profesional tan feminizada.
Na xornada abordaranse aspectos xerais relacionados coa prevención dos riscos desta actividade, daranse a coñecer as propostas de actuación ante situacións de violencia externa que afectan as persoas traballadoras no SAF en Galicia e incidirase nos mecanismos de protección recollidos na lexislación.
Máis información e inscrición:
10.15 PRESENTACIÓN
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do Issga
10.45 FACTORES DE RISCO RELACIONADOS COA ACTIVIDADE
EFECTOS DA VIOLENCIA SOBRE A SAÚDE
MEDIDAS DE PREVENCIÓN
PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN FRONTE Á VIOLENCIA
César André Rivas. Xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada_ISSGA
11.30 COLOQUIO E PECHE
Programa.
Documentación
Descarga pdfs: