16/06/2023

Axentes canceríxenos e sílice cristalina

Axentes canceríxenos e sílice cristalina

Xornada técnica que ten como obxectivo analizar as novidades derivadas da actualización da guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos no traballo así como os futuros cambios lexislativos. Farase un especial fincapé na identificación de postos de traballo con esta exposición e presentaranse algúns exemplos de boas prácticas.

Na segunda parte da xornada presentarase unha nova campaña do ISSGA sobre a prevención derivada da exposición a sílice cristalina respirable (SCR) en talleres e obras e expoñeranse os principais aspectos da guía técnica para a prevención do risco por exposición a SCR no ámbito laboral.

Pódese participar nesta actividade formativa ben de xeito presencial ou virtual:

  • Inscrición presencial: cubrindo o formulario que figura a continuación
  • Inscrición virtual (streaming): cubrindo o formualario na nosa web de eventos

10.30 PRESENTACIÓN

José Rega Piñeiro. Xefe do Centro ISSGA_A Coruña

10.35 APERTURA

Mª Encarnación Sousa Rodríguez. Subdirectora Xeral Técnica e de Planificación do ISSGA

10.45 NOVEDADES DA ACTUALIZACIÓN DA GUÍA TÉCNICA DE CANCERÍXENOS OU MUTÁXENOS E FUTUROS CAMBIOS LEXISLATIVOS

Virginia Gálvez Pérez. Centro Nacional de Nuevas Tecnologías (INSST)

11.15 IDENTIFICACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO CON EXPOSICIÓN A CANCERÍXENOS OU MUTÁXENOS

Jaione Montes Beneitez. Centro Nacional de Verificación de Maquinaria (INSST)

11.45 BOAS PRÁCTICAS NA PREVENCIÓN DA EXPOSICIÓN A AXENTES CANCERÍXENOS

Antonio Moreira Cousillas. Técnico de prevención de Repsol Petróleo CI A Coruña

12.00 CAMPAÑA DO ISSGA: PREVENCIÓN DA EXPOSICIÓN A SÍLICE CRISTALINA RESPIRABLE EN TALLERES E OBRAS

Lucía Ferrón Vidán. Xefa da Sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas do ISSGA

12.15 GUÍA TÉCNICA PARA A PREVENCIÓN DO RISCO POR EXPOSICIÓN Á SÍLICE CRISTALINA RESPIRABLE NO ÁMBITO LABORAL

María Carballo Menéndez. Departamento Técnico do Instituto Nacional de Silicosis

12.45 PECHE

José Rega Piñeiro. Xefe do Centro ISSGA_A Coruña

PROGRAMA

Documentación

Descarga pdfs: