Formación

05/11/2026

ARES_Curso de prevención de riscos laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar

imaxe triptico coidadoras
  • Data: 05/11/2026 a 19/11/2026
  • Inscrición: 22/10/2026 a 03/11/2026
  • Duración: 12 horas
  • Prazas: 15
  • Lugar de celebración: Ares

Queres inscribirte? →Inscribirme

Lugar e horarios

Ares: 5, 12 e 19 de novembro de 2026. De 10:00 a 14:00 horas.

Obxectivo do curso:

Proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

Desenvolvemento dos curso:

Os cursos teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Os datos relativos ao enderezo do local onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.

O ISSGA publicará na súa páxina web (http://issga.xunta.gal/) toda a información relacionada co desenvolvemento destes cursos.

Persoas destinatarias e distribución das prazas:

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable na pestana de documentación. O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por curso.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion [at] xunta.gal

Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981392209

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte

De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por cursos. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Acreditación da formación:

Ao remate de cada curso o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Control e seguimento das accións formativas:

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.

Custo dos cursos e financiamento:

A asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.

MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (4 HORAS).

1. Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora 

1. Risco asociado á mobilización manual de persoas

2. Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica

3. Identificación dos factores de risco

4. Estratexia preventiva

2. Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas escorrentes e táboas de transferencia 

MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS BIOLÓXICOS (3,5 HORAS)

1. Precaucións básicas fronte ao risco biolóxico

1. Tarefas con risco de contaxio de enfermidades

2. Que facer para evitar contaxios

3. Accidentes con risco biolóxico. Que facer

4. Pautas para minimizar a transmisión dos riscos biolóxicos:

  • Transmisión
  • Vías de entrada no organismo
  • Diferentes formas de transmisión
  • Uso de EPI
  • Precaucións
  • Material cortante ou punzante, riscos e precaucións
  • Vacinas: a importancia da inmunización

2. Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso de luvas, máscara, bata, ...

3. Práctica con EPI:

  • 1. Posta
  • 2. Retirada
  • 3. Limpeza e almacenamento

MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (3,5 HORAS)

1. Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.

2. Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas

3. Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real

4. Efectos psicosociais que se están presentando nos centros de traballo

5. Práctica de técnicas para a redución do estrés no traballo

6. A violencia no traballo

SEGURIDADE VIARIA LABORAL (1 HORA)

1.A importancia de cumprir as normas 

2. Definición de "tráfico" e leis que o regulan  

3. O fenómeno do tráfico e os seus principios

4. A convivencia no tráfico

5. Factores de risco: velocidade, estado psicofísico

Documentación

Documentación

Descarga pdfs:

Solicitude de inscrición

Por favor, introduza os datos que se lle solicitan a continuación tendo en conta que, no caso de ser desempregado, non debe cubrir os datos relativos á empresa. Os campos marcados con asteriscos (*) son obrigatorios.

DATOS PERSOAIS
DATOS DA EMPRESA

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
Finalidades do tratamento: 

Xestión da inscrición á formación solicitada, control de asistencia e emisión dos certificados de aproveitamento ou asistencia a dita formación. Desenvolvemento de accións formativas, de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.

Captación e difusión das imaxes realizadas durante as actividades.

Xestión das listas de distribución para o envío de información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poida ser de interese.

Lexitimación para o tratamento:

Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (Lei 14/2007, do 30 de outubro pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral)

Consentimento outorgado pola persoa interesada para a captación e difusión das imaxes da actividade e para o envío de información.

Destinatarios dos datos: 

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Así mesmo, as imaxes captadas durante a realización das xornadas poderán ser difundidas a través de páxina web institucional da Xunta de Galicia e do ISSGA, informes de actuación e publicacións técnicas destes organismos.

Exercicio de dereitos: 

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa solicitude a issga.formacion [at] xunta.gal (issga[dot]formacion[at]xunta[dot]gal). A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional:  https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
Extras
Información de otros cursos
Extras offline
Cesión de dereitos de imaxe
CAPTCHA
16 + 1 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.