XXVII Xornada Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais
A Coruña
A Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), celebra a súa XXVII Xornada, que nesta edición ten como obxectivo analizar como a emerxencia climática afecta á nosa comunidade e como debemos transformar a nosa planificación preventiva para protexer ás persoas traballadoras dos efectos do cambio climático. Baixo o lema “Emerxencia Climática: Un Desafío Multidimensional para a Seguridade e Saúde no Traballo”, abordaranse os desafíos da transición ecolóxica, as súas implicacións na actividade preventiva e as respostas aos novos riscos, identificando exemplos de boas prácticas en empresas de noso entoo.
O ISSGA estará presente nesta actividade coa participación de Adela Quinzá-Torroja García, xerente do ISSGA, na inauguración e clausura e de Jose Rega Piñeiro, xefe do Centro ISSGA_A Coruña, nunha mesa redonda sobre a "Seguridade e saúde no traballo no cambio climático: un desafío por terra, mar e aire".