Eventos

XXV Xornadas SGPRL

Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña

Imaxe
 XXV Xornadas SGPRL

O Issga colabora coa Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL) na organización da XXV edición destas xornadas que este ano teñen como lema “Innovación, vangarda e tecnoloxía en PRL:  o camiño cara ao éxito”, e que terán lugar o 30 de novembro no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña.

Estas xornadas están dirixidas a técnicos/as de prevención de riscos laborais, persoal da Administración, delegados/as de prevención, médicos/as, enfermeiros/as, responsables de RRHH, directivos/as de empresas, sindicatos e demais persoas relacionadas co mundo da seguridade e saúde no traballo.

A directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja García, participará no acto de apertura así como moderadora na conferencia inaugural na que o subdirector xeral Técnico e de Planificación do Issga, Fernando González Abeijón, exporá unha presentación sobre novidades en tecnoloxías, procesos e formas de traballos aplicados á PRL.

A inscrición é obrigatoria e gratuíta, enviando o formulario de inscrición a sgprl [at] sgprl.org (sgprl[at]sgprl[dot]org), e debe realizarse antes do 22/11/2018.