Xornada técnica_Protección fronte a sílice cristalina respirable. Un reto constante
Centro Issga_Pontevedra
Imaxe
O ISSGA colabora nesta xornada técnica organizada por 3M, coa participación de Alfonso Pérez, xefe do centro Issga_Pontevedra, sobre riscos para os traballos con exposición a sílice cristalina respirable, na que se exporá a situación actual en Galicia e como abordar esta problemática, así como a importancia que ten o bo uso, axuste e coidado dos equipos de protección respiratoria.