Xornada técnica_FP lidera a prevención na era dixital
En liña
O ISSGA forma parte da Rede española de seguridade e saúde no traballo (RESST).
Esta Rede serve como mecanismo de difusión e intercambio de información en materia de seguridade e saúde no traballo.
Entre as actividades implementadas no marco da Campaña Europea 2023-2025, terá lugar unha xornada técnica para promover a cultura preventiva entre as persoas máis mozas, que terá lugar o 27 de novembro ás 11,50 horas. Trátase do proxecto FP lidera a Prevención na era dixital.
Do mesmo xeito que en anteriores convocatorias, a RESST participou na difusión do concurso de vídeos curtos “FP Lidera a prevención na era dixital” pensado para promover a cultura preventiva nas etapas educativas previas á incorporación ao mundo do traballo. Con esta actividade compártese o traballo de alumnado e profesorado, cunha mostra dalgúns vídeos máis destacados. Dado que esta convocatoria recibiu máis de 70 vídeos de gran calidade, ademais dos premiados nesta xornada, nos próximos meses iranse presentando o resto dos traballos recibidos.
Tedes toda a información na web da campaña: VET Leads Prevention in the Digital Era - FP Lidera la Prevención en la Era Digital | Healthy Workp…
Programa da xornada e ligazón para inscricións: https://healthy-workplaces.osha.europa.eu/sites/hwc/files/JORNADA%20Y%20PREMIOS%20%281%29.pdf
FP Lidera a prevención na era dixital
Esta xornada quere reforzar a cultura preventiva en contornas cada vez máis dixitais, compartir experiencias inspiradoras e descubrir como a intelixencia artificial xa está a transformar o mundo laboral… e tamén a Formación Profesional.
Que poderán atopar na xornada?
• Unha selección dos vídeos creados polo alumnado participante no certame.
• Unha mirada clara e actual aos riscos e oportunidades que trae a dixitalización no traballo.
• Persoas expertas en prevención, dixitalización e intelixencia artificial que compartirán ideas, tendencias e claves para o futuro.