XORNADA GALEGA PRL_Universidade e empresa ante os retos preventivos
Facultade de Relacións Laborais da USC
A xornada “Universidade e empresa ante os retos preventivos” exponse como un espazo pioneiro de encontro e reflexión entre as tres universidades galegas e o tecido empresarial, coa prevención de riscos laborais como eixo vertebrador. O seu obxectivo central é fortalecer os vínculos entre o mundo académico e o laboral, poñendo o foco na necesidade de mellorar o coñecemento e a aplicación das distintas funcións e responsabilidades preventivas que establece a normativa vixente.
Esta é a primeira edición dun evento que nace coa vontade de ter continuidade e celebrarse de maneira anual nos distintos campus galegos. Con esta periodicidade, a xornada pretende afianzarse como un punto de referencia no eido da PRL, creando un espazo estable de encontro e diálogo no que alumnado, profesorado, representantes empresariais e profesionais da prevención poidan intercambiar experiencias, expresar inquedanzas e formular propostas de mellora.