Eventos

Xornada divulgativa "Seguridade en fase de encofrados"

Pontevedra

Imaxe
Xornada divulgativa "Seguridade en fase de encofrados"

Data de inicio: 01 de Xuño , 2018
Data de fin: 01 de Xuño , 2018
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Centro Issga de Pontevedra


A Asociación de fabricantes de encofrados e cimbras, AFECI, organiza unha xornada divulgativa o próximo 1 de xuño no Centro Issga de Pontevedra (Rande-Redondela), e faino coa colaboración da Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, APROSAL, e do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, ISSGA.

A xornada virará ao redor da seguridade en fase de estruturas e a actualización do marco normativo e as novas ferramentas, aínda que tamén haberá tempo para repasar a situación e evolución da fabricación de encofrados e cimbras en España.

Temas

Os temas para tratar son a actualización do marco normativo e as novas ferramentas sobre encofrados e cimbras, principalmente:

  • Guía informativa sobre encofrados e cimbras
  • As Notas Técnicas de Prevención ( NTP) sobre cimbras montadas con elementos prefabricados 1069 (Normas construtivas) e 1070 (Montaxe e utilización)
  • A norma UNE/180-201 ( Encofrados. Deseño xeral, requisitos de comportamento e verificacións)

Programa

10:00 Acreditación e benvida

Conferencia: “Cara a unha visión global para mellorar a seguridade no traballo con encofrados e cimbras”, Sergi Galego, STEN

Conferencia: Normativa vixente e Introdución á guía informativa sobre encofrados e cimbras ( AFECI), Jordi Garcia, ALSINA

Pausa e café

Presentación da Norma UNE 180201: Encofrados. Deseño xeral, requisitos de comportamento e verificacións, Iñigo Kerejeta, ULMA

13:15 Fin da xornada