Eventos

XI Congreso Internacional e IV Nacional de Saúde Laboral e Prevención de Riscos Laborais

Madrid

Imaxe
Imaxe congreso SESST

Este evento está organizado pola Sociedade Española de Saúde e Seguridade no Traballo (SESST) e celebrarase en Madrid durante os días 22, 23 e 24 de maio de 2024.

Este congreso ten como obxectivo prioritario dar resposta ás actuais demandas de información científica sobre saúde e seguridade no traballo e constituír un foro de debate, punto de encontro e referencia nacional e internacional para o intercambio de coñecemento, cun claro compromiso de reflexionar e debater, con carácter integral e multidisciplinar polos profesionais dedicados á prevención laboral , sobre a saúde integral como un concepto que se aborda desde unha perspectiva global, considerando aspectos laborais, físicos, mentais, emocionais, ambientais, económicos e sociais.

A xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja García, participará o 23 de maio impartindo unha conferencia sobre as estratexias e retos de futuro na saúde e seguridade do traballo en Galicia.