VII Xornada AETGA : Liderando a vangarda en Saúde Laboral: ciencia, industria e prevención.
Salón de actos del Campus de Esteiro, Ferrol
“Liderando a vangarda en Saúde Laboral: ciencia, industria e prevención”
A VII Xornada de Actualización en Enfermería do Traballo, organizada pola Asociación de Especialistas en Enfermería do Traballo de Galicia (AETGA) xunto á Asociación de Especialistas en Enfermería do Traballo (AET).
Ferrol converterase no epicentro da saúde laboral nunha xornada onde a evidencia científica, a prevención e a realidade industrial daranse a man. Este ano non só vimos debater: vimos vivir a prevención en primeira liña.
Desde os retos do risco hixiénico ata a xestión da saúde nunha contorna industrial de referencia como Navantia, a xornada ofrecerá unha experiencia formativa, científica e inmersiva pensada para conectar coñecemento, práctica profesional e innovación en Enfermería do Traballo.