VII SIMPOSIO IBÉRICO DE RISCOS PSICOSOCIAIS
Alcalá de Henares
O Ministerio de Sanidade (Comisionado de Saúde mental), o Ministerio de Traballo e Economía Social (Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo) e a Dirección Xeral da Autoridade para as Condicións de Traballo (ACT), xunto a institucións, universidades, empresas, técnicos de PRL, axentes sociais e público en xeral de España e Portugal, danse cita o 30 de setembro de 2025 en Alcalá de Henares para falar de Psicosocioloxía Laboral.
O VII SIMPOSIO IBÉRICO DE RISCOS PSICOSOCIAIS (SIRPS), “realizará un chamamento para situar as condicións psicosociais de traballo no foco das actuacións preventivas, afrontando con rigor e aproximación científico-técnica a prevención do suicidio de orixe laboral, a protección da saúde mental ou a trasformación dixital e o seu impacto nas persoas traballadoras (María Jesús Otero, Directora do VII SIRPS). Este foro, con presenza consolidada en España e Portugal desde o ano 2016, posicionouse como unha iniciativa pioneira e de referencia na abordaxe integral desta materia.