Taller formativo "A prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero"
Lugo - Streaming
Este taller organizado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ten como obxectivo xeral afondar sobre a integración da perspectiva de xénero na saúde laboral e no Plan de Prevención de Riscos Laborais.
Os obxectivos específicos son:
◦ A perspectiva de xénero nas avaliacións de riscos laborais.
◦ A saúde das mulleres traballadoras en situación de risco de embarazo e lactación.
◦ As adaptacións de posto de traballo.
◦ A PRL e o traballo a distancia.
◦ Medidas de prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero.
◦ A saúde psicosocial e o acoso sexual.
◦ O risco de acoso na contorna dixital.
O ISSGA colabora nesta actividade coa participación de Miryam Garabito Cociña, xefa de sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas no Centro ISSGA Lugo que impartirá un relatorio sobre a perspectiva de xénero na saúde laboral.
Pódese participar de xeito presencial, Centro ISSGA_Lugo, ou ben seguir a sesión por streaming.