Solucións de Protección Persoal para os Riscos en Traballos do sector do Metal
Vigo
Imaxe
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) colabora na xornada técnica “Soluciones de Protección Personal para los Riesgos en Trabajos del sector del Metal”, organizada por 3M e que vai ter lugar o 20 de novembro en Vigo, coa participación de Lourdes González Vázquez, técnica do ISSGA, como representante do organismo.
Durante a xornada analizaranse os riscos aos que se enfrontan os traballadores da industria do metal e destacarase a importancia de que as solucións de protección individual sexan ergonómicas, cómodas, compatibles e de fácil uso, presentando as últimas innovacións nos EPI orientadas a cubrir as necesidades reais das persoas traballadoras nas súas tarefas diarias.