Ven, 28/10/2022

Safety Leaders Galicia

Santiago de Compostela

Safety Leaders Galicia é un evento innovador en materia de seguridade e saúde no traballo, organizado por Prevencontrol coa colaboración do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), no que se recollen as principais tendencias e boas prácticas de sector a nivel nacional e internacional.

Terás a oportunidade de compartir un tempo con outros profesionais de alto nivel do sector, intercambiar experiencias e aportar os teus coñecementos nun marco aberto e colaborativo orientado a promover unha visión avanzada da xestión da seguridade e saúde.