Eventos

Prevencia_2023

Santiago de Compostela

Imaxe
Banner Prevencia

Como todas as edicións, PREVENCIA 2023, organizada por OISS (Organización Iberoamericana de Seguridade Social), propicia o intercambio de experiencias e coñecementos, co fin de analizar a situación actual da seguridade e saúde no traballo ante as novas formas de traballo e os avances tecnolóxicos que se están producindo co obxectivo de mellorar os niveis de prevención de riscos laborais das persoas traballadoras.

Nesta ocasión celebrarase en Santiago de Compostela (Parador de Santiago - Hostal dos Reis Católicos) os días 1 e 2 de xuño de 2023, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

O ISSGA estará presente neste evento achegando a participación de varios relatores e moderadores en diversas mesas temáticas e salas especializadas:

  • Ángel López Álvarez, xefe do Centro ISSGA_Ourense do fará unha exposición sobre a experiencia do ISSGA no ámbito forestal.
  • Myriam Garabito Cociña, xefa de Sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas do Centro ISSGA_Lugo fará unha presentación sobre a integración da perspectiva de xénero nas políticas de Seguridade e Saúde nunha mesa moderada pola xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García.

Documentación