Eventos

Presentación aplicación RQ MAPP

Oviedo

Imaxe
Imaxe xornada técnica

Os produtos cosméticos (PC) utilízanse de maneira continuada e diaria por moitos usuarios profesionais en diferentes sectores de actividade e polos consumidores en xeral. 

Preséntase unha ferramenta dispoñible para computadores, dispositivos móbiles e tablets denominada RQ MAPP que axuda a identificar e determinar se os ingredientes presentes nos cosméticos están clasificados como perigosos, que servirá de axuda para avaliar a exposición ao devanditos axentes, e á adopción de medidas preventivas, como a substitución de produtos de menor perigo.

O ISSGA colabora nesta actividade formativa organizada polo IAPRL coa participación de Esther Varela Cerdeira, xefa da sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas do centro ISSGA_A Coruña que fará unha exposición sobre a experiencia no uso da aplicación RQ MAPP.

Esta xornada técnica completarase con varios relatorios destinados a coñecer o marco normativo dos produtos cosméticos, os requisitos das luvas de protección para persoal de barbería, casos de enfermidades profesionais nestes sectores de actividade, así como o modo de comunicar os posibles efectos non desexados a través da cosmovixilancia.