IV Congreso Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo_Bilbao
Bilbao
Organizado por Osalan - Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laborais do Goberno Vasco e baixo o lema “Análise dos desafíos laborais do mañá”, ten lugar en Bilbao do 14 ao 16 de novembro de 2018
O Congreso foi concibido para ser un escenario no que poder construír e reforzar redes e alianzas entre todos os axentes da prevención de riscos laborais implicados no desenvolvemento de postos, procesos e contornas de traballo máis seguros e saudables.
Coa participación de relatores nacionais e internacionais de primeiro nivel, abordaranse todas as disciplinas preventiva nos diferentes sectores de actividade configurando así un evento centrado na prevención de riscos laborais como elemento nuclear da actividade dunha multiplicidade de contornas interesadas.
O Issga está presente neste evento coa participación de Fernando González Abeijon, subdirector xeral Técnico e de Planificación, que fará unha presentación sobre novas tecnoloxías, procesos e formas de traballo, e o seu impacto no factor idade nunha mesa que terá lugar o 15 de novembro sobre idade e prevención de riscos laborais.