Eventos

III Xornada Divulgativa do Gas Radon en Galicia

Aula magna da Facultade de física da Universidade de Santiago de Compostela

Imaxe
imaxe xornada radon usc

O próximo 11 de setembro de 2026, a Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerá a III Xornada Divulgativa sobre Gas Radon, organizada polo Colexio Oficial de Físicos (COFIS) e Ventilatio Lab, coa colaboración da Facultade de Física da USC.

A elección de Galicia ten un significado especial. O radon constitúe aquí un problema de especial relevancia debido ás características xeolóxicas do territorio. A propia Xunta de Galicia considera a exposición ao radon unha cuestión prioritaria de saúde pública e impulsou a Estratexia Galega Reduce Radon 2025-2030, a primeira estratexia autonómica destas características en España.