III Simposio Hixiene Industrial
Santander
O III SIMPOSIO DE HIXIENE INDUSTRIAL terá lugar en Santander os días 28 e 29 de outubro no Palacio da Magdalena, organizado polo Instituto Cántabro de Seguridade e Saúde no Traballo (ICASST) con colaboración da Asociación Española de Hixiene Industrial (AEHI), o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) e a Cátedra de Prevención Cantabria (CPC).
O Simposio ten como obxectivo principal ofrecer un espazo de debate sobre os principais temas de actualidade no campo da hixiene industrial.
As comunicacións orais analizarán as novidades relativas á exposición a axentes biolóxicos e ao grupo de axentes canceríxenos, mutáxenos e tóxicos para a reprodución (CMR) e as implicacións derivadas das novas disposicións normativas a nivel europeo relativas a estes axentes.
Ligado á exposición a axentes químicos examinarase, tanto a utilidade, como as últimas tendencias nas técnicas de control biolóxico como ferramenta de valoración da exposición.
Por outra banda, dunha forma máis transversal, analizaranse os riscos hixiénicos en determinados sectores así como o tratamento con perspectiva de xénero dos devanditos riscos.
Por último, presentaranse resultados e experiencias que achegan datos de interese para mellorar os procesos de identificación de riscos por exposición a axentes físicos, químicos e biolóxicos así como a súa avaliación e a consecuente adopción de medidas de prevención e control.
Cabe destacar que, como en edicións anteriores, incluirase unha sesión onde se presentarán as mellores comunicacións científicas en formato póster realizadas polos asistentes.
O evento está dirixido a expertos en hixiene industrial, investigadores, médicos do traballo, profesionais que estean a levar a cabo actividades de Hixiene Industrial nas súas empresas, profesionais, traballadores, directivos e expertos da área de saúde laboral e de saúde pública.