Eventos

Foro Galego de Seguridade e Saúde Laboral: as novas contornas laborais

Santiago de Compostela

Imaxe
Imaxe foro

Foro organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia no que expertos e profesionais da seguridade e saúde no traballo e da tecnoloxía compartan experiencias, coñecementos, desafíos e retos na nova contorna laboral, co obxectivo de analizar e dar resposta aos riscos emerxentes derivados desa transformación dixital, ecolóxica e social.

 

O Issga estará presente neste evento coa participación de Adela Quinzá-Torroja García, xerente do Issga, que fará unha exposición sobre a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. Riscos laborais derivados dos novos escenarios no traballo e normativa vixente.