Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo_2018
Data de inicio: 19 de Abril , 2018
Data de fin: 27 de Abril , 2018
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Centros Issga da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
A Organización Internacional do Traballo (OIT) celebra o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo o 28 de abril co fin de promover a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais en todo o mundo. Se trata dunha campaña de sensibilización cuxo obxectivo é centrar a atención a nivel internacional sobre as novas tendencias no ámbito da seguridade e a saúde no traballo e sobre a magnitude das lesións, enfermidades e mortes relacionadas co traballo.
A celebración do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo forma parte da Estratexia global en materia de seguridade e saúde no traballo da OIT, a cal promove o fomento dunha cultura de prevención en materia de seguridade e saúde para todas as partes implicadas. En moitas partes do mundo, as autoridades nacionais, os sindicatos, as organizacións de traballadores e os profesionais do sector de seguridade e saúde organizan actividades para celebrar esta data.
O tema da campaña para 2018 é “Xeración segura e saudable”.
Este ano, o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo e o Día Mundial contra o Traballo Infantil únense nunha campaña conxunta para mellorar a seguridade e a saúde dos traballadores novos e poñer fin ao traballo infantil.
A campaña conxunta ten como obxectivo acelerar a acción para alcanzar o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 8, en particular a meta 8.8 de promover contornas de traballo seguros para todos os traballadores para 2030 e a meta 8.7 de poñer fin a todas as formas de traballo infantil para 2025. A fin de lograr estes obxectivos, requírese un enfoque concertado e integrado que promova unha cultura de prevención en materia de seguridade e saúde no traballo, en beneficio da próxima xeración da forza laboral de todo o mundo.
Os 541 millóns de persoas novas traballadoras de 15 a 24 anos representan máis do 15 por cento da forza laboral mundial e sofren ata un 40 por cento máis de lesións ocupacionais non mortais que os traballadores adultos de máis de 25 anos.
Moitos factores poden aumentar a vulnerabilidade das persoas novas aos riscos no traballo, como a súa etapa de desenvolvemento físico e psicolóxico, a falta de experiencia laboral e de capacitación, a limitada conciencia dos perigos relacionados co traballo e a falta de poder de negociación que pode levar aos traballadores novos a aceptar tarefas perigosas ou malas condicións de traballo.
A campaña do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo de 2018 destaca a vital importancia de abordar estes desafíos e mellorar a seguridade e a saúde dos traballadores novos, non só para promover o emprego xuvenil decente, senón tamén para vincular estes esforzos na loita contra o traballo infantil perigoso.
Invitámoslle a que se unha a nós na celebración deste día tan importante, participando nas diversas actividades formativas e informativas que organiza o Issga:
Xornadas técnicas_ISSGA
Sistemas de xestión da PRL. A nova norma ISO 45001
Centro Issga de Ourense_19 de abril
Sistemas de xestión da PRL. A nova norma ISO 45001
Centro Issga de Lugo_20 de abril
Laboratorio de referencia de hixiene analítica do ISSGA
Centro Issga de Pontevedra_26 de abril
Idade e diversidade. Impacto na xestión de PRL
Centro Issga da Coruña_27 de abril
Ademais destas xornadas técnicas que teñen lugar nos nosos centros provinciais, organizamos xornadas e actos educativos tanto nos nosos centros como nos centros escolares e colaboramos con outras entidades na realización de diversos actos con motivo deste Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, algúns dos cales de seguido se indican:
Exposición de traballos creativos de prevención de riscos laborais realizado polo alumnado de grao medio de administrativos, comerciais e sanitarios do CPR Mendiño de Vigo
Centro Issga de Pontevedra_26 de abril
Xornada informativa sobre a xestión do estrés e os riscos psicosociais derivados das novas tecnoloxías
IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela_26 de abril
O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando nos seus centros accións formativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de xeito que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo e axuden a acadar unha auténtica cultura preventiva en toda a sociedade.