Curso de verán “Riscos psicosociais no traballo: avances científicos e enfoques aplicados"
Ribadeo
 
Este evento está organizado polo Laboratorio de Riscos Psicosociais do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e pola Universidade de Santiago de Compostela, e forma parte da programación da Universidade de Verán 2025 da USC.
O curso ofrece unha oportunidade para coñecer os últimos avances científicos no ámbito da psicosocioloxía aplicada e explorar solucións prácticas para a súa prevención e xestión en diferentes contornas laborais. Abordará a comprensión dos riscos psicosociais, as ferramentas para a súa avaliación, as estratexias de intervención e o papel das políticas públicas na súa mitigación, contribuíndo á creación de ambientes laborais máis saudables e sostibles..
Ubicación: Ribadeo
Duración total: 15 horas
Matrícula na actividade: 15/05/2025 - 30/05/2025
Desenvolvemento da actividade: 11/06/2025 - 13/06/2025
Número total de prazas: 50
Prezo único (prez total da actividade): 70€
Matrícula: Límite de prazas con lista de agarda
Taxa reducida: Tasa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC, e PDI e PAS da USC: 40 €