Eventos

Congreso Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo

Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña

Imaxe
Imaxe congreso SST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, dentro do marco do primeiro plan de acción da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027, organiza o Congreso Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, #HablamosDeEstrategia, que terá lugar na Coruña os días 6 e 7 de novembro de 2024.

Nel, expoñerase o estado de situación da prevención de riscos laborais e das políticas sociais nesta materia, así como as principais actuacións levadas a cabo polos diferentes axentes e institucións implicadas, tanto de ámbito europeo como nacional e autonómico.

Intervirán persoas expertas que falarán de políticas públicas de seguridade e saúde laboral, marcos estratéxicos de intervención, cancro relacionado co traballo, riscos psicosociais, cambio climático ou dixitalización, entre outros.  

O congreso poderase seguir de forma presencial ou desde a canle de Youtube do INSST.