Ven, 07/10/2022

Campaña INSST_ Plan de choque contra os accidentes mortais no traballo

O INSST presentou o Plan de choque contra accidentes mortais no traballo cuxo obxectivo é reducir a sinistralidade laboral e no que se estará a traballar durante todo este ano.

Ao longo dos próximos meses, en forma de ondas, publicaranse consellos e recomendacións para previr os accidentes de traballo. Prestarase especial atención ás actividades nas que se concentra o maior número de accidentes mortais:

  • Construción
  • Agro
  • Pesca
  • Recollida de residuos
  • Transporte de mercadorías por estrada

Ademais, lanzaranse mensaxes que axuden a combater os accidentes laborais de tráfico e os debidos a patoloxías non traumáticas.