9º Congreso "Prevención e seguridade industrial 4.0"
Vigo_Círculo de Empresarios de Galicia
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), colabora neste congreso organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL).
Estamos xa ante a 9º edición dun congreso que se configura como un evento estable en prevención e seguridade industrial, no que a administración autonómica ven colaborado dende o inicio e que da man de Aprosal e CGETI, colectivos cunha posición cualificada nos centros de traballo tanto en seguridade industrial como en prevención de riscos laborais, perseguen achegar ás empresas esta etapa na industria que aposta por unha maior automatización, conectividade e globalización.
O programa inclúe relatorios e actividades centradas nas novas obrigacións empresariais en prevención de riscos laborais e a influencia das tecnoloxías 4.0. Un elemento destacado será un xuízo simulado sobre as responsabilidades en seguridade industrial e PRL.