Eventos

8º Congreso Prevención e Seguridade Industrial 4.0

Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo) e en liña

Imaxe
Imaxe congreso

O ISSGA colabora neste congreso organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL).

Segunda edición adicada á intelixencia artificial, baixo o lema Humanos e intelixencia artificial: compañeiros ou competidores no traballo?

Terá lugar en dúas modalidades: presencial no Círculo de Empresario de Galicia en Vigo e na modalidade en liña.

Neste evento abordaranse, entre outras, as seguintes temáticas:

  • Visión da intelixencia artificial (IA) aplicada á seguridade e saúde laboral

  • Adaptación e nova mentalidade dos profesionais cara á IA xenerativa

  • Humanos e IA

  • O futuro do emprego

  • Tecnoloxía e talento para a transformación da seguridade e saúde laboral

  • Integración da IA no ámbito laboral. Liderado orientado ao cambio como estratexia organizativa

Documentación