7º Congreso Prevención e Seguridade Industrial 4.0 - A intelixencia artificial
On line e no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo
Imaxe
O ISSGA colabora neste congreso organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e APROSAL.
Terá lugar en dúas modalidades: presencial no Círculo de Empresario de Galicia en Vigo e na modalidade on line.
Neste evento abordaranse as seguintes temáticas:
- Promesas, desafíos e realidades da intelixencia artificial
- Saúde mental e intelixencia artificial
- Protexendo con intelixencia: a revolución da IA na xestión de riscos
- Aplicacións da intelixencia artificial á seguridade e saúde laboral. ChatGPT e outras aplicacións
- Riscos e beneficios da intelixencia artificial na seguridade e prevención de riscos laborais, exemplos prácticos e casos de éxito
- Como construír unha contorna laboral a proba de accidentes? Asalto entre a IA e a IH
- Normativa europea que regula a IA no ámbito laboral: seguridade industrial e riscos laborais. Aspectos prácticos de posibles proxectos con IA no campo industrial e a súa relación cos traballadores e implicacións na SST dos mesmos