6º Congreso Internacional Prevención e Seguridade Industrial 4.0
Vigo
O vindeiro 24 de novembro de 2022 terá lugar en modalidade mixta (virtual e presencial - Vigo) o 6º Congreso Internacional Prevención e Seguridade industrial 4.0 baixo o título “Benestar e saúde mental 4.0”. Organizado por APROSAL e CGETI.
Da man de expertas e expertos de primeiro nivel, este evento supón unha oportunidade de coñecer máis sobre a saúde mental laboral, evitando riscos e potenciando o benestar, cos enfoques máis actuais e as experiencias que se levan adiante para enfocar adecuadamente o benestar e a saúde mental 4.0.
O ISSGA colabora neste evento coa participación da xerente, Adela Quinzá-Torroja, no acto de inauguración e de Nieves Lorenzo Espeso, xefa da área Técnica de Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicosociología Aplicada, nunha mesa redonda sobre que deben facer as empresas para coidar a saúde mental dos seus empregados.