14º Congreso Internacional e 18º Nacional de Ergonomía e Psicosocioloxía
Gijón
A Asociación Asturiana de Ergonomía (PREVERAS) e a Asociación Española de Ergonomia (AEE), sociedades de carácter técnico-científico sen ánimo de lucro, organizan un ano máis este congreso de referencia na disciplina e especialidade preventiva desde 1997. Os seus obxectivos son, con este encontro en Asturias, a interacción para a promoción e difusión da ergonomía e das actividades relacionadas con ela, tanto en España como a nivel internacional.
Apontoando a latinidade deste encontro, celébrase en Xixón entre os días 19 e 20 de setembro de 2024, o 14º Congreso Internacional e 18º Nacional de Ergonomía e Psicosociología co título: Traballo Seguro, Saudable, Sostible e Produtivo.
Durante este Congreso trataranse temas como a prevención de riscos ergonómicos e psicosociais no sector sociosanitario, na industria, no sector servizos etc., así como a importancia das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial (IA) na transformación do traballo, para prever as consecuencias da súa implantación ao servizo da ergonomia, para as empresas e persoal traballador. Por outra banda, a saúde mental no traballo require o esforzo e creatividade de todos os axentes implicados para dar un salto significativo na súa xestión e tratamento.
O ISSGA está presente neste evento coa participación de César André Rivas, Ángel López Álvarez e Héctor González Novoa o venres, 20 de setembro, en senllas mesas redondas sobre protocolos de vixilancia sanitarios sobre riscos ergonómicos e psicosociais e e sobre sector primario (agrícola e forestal) investigacións e aplicacións da ergonomía e a psicosociología.