A Lei de prevención de riscos laborais establece, entre outras obrigas, a de proporcionar ás persoas traballadoras formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo.
Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto ao empresariado e ás persoas traballadoras, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de vida no traballo.
Neste liña a oferta formativa do ISSGA, que se desenvolve fundamentalmente nos seus centros provinciais, ten o propósito de proporcionar formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais, dando así cumprimento ao establecido na actual estratexia galega de seguridade e saúde laboral e no plan anual de actividades do instituto.
A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.
Co obxectivo de promover, sensibilizar e incrementar os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais, elaborouse este programa de actividades formativas que agardamos axude á mellora das condicións de seguridade e saúde laboral en Galicia.
- MÁIS INFORMACIÓN