
O ISSGA, como colaborador do INSST, difunde esta campaña nestes meses nos que as altas temperaturas e o sol son os grandes protagonistas e que para realizar traballos ao aire libre é necesario implantar medidas de prevención específicas para protexer a seguridade e saúde das persoas traballadoras.
O INSST pon en marcha ata o próximo 15 de xullo, a campaña Traballos á intemperie, co lema "Con sol #EsTiempoDePrevención", unha acción de sensibilización dirixida a previr os danos asociados á exposición ás altas temperaturas e á radiación solar no ámbito laboral.
Máis información:
https://www.insst.es/documentacion/espacio-monotematico/golpe-de-calor