Campañas

Riscos en carpinterías de madeira_Non te cortes

Nas carpinterías de madeira os accidentes máis frecuentes son debidos a cortes e atrapamentos na utilización de maquinaria; por iso esta campaña, elaborada no seo do grupo de traballo de sinistralidade do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, céntrase fundamentalmente neles e nas máquinas de uso máis común nesta actividade. Tamén se describen, de xeito máis resumido, outros riscos presentes nas carpinterías.

Nos documentos que forman parte desta campaña incídese na importancia de organizar, planificar e adoptar medidas preventivas.

Se analizan os principais equipos e máquinas que se utilizan nesta actividade (tupí, cepilladora ou labra, máquina múltiple ou centro de mecanización, serra de cinta, esucadradora, serra circular/ingletadora portátil e regrosadora) indicando os seus riscos e medidas preventivas; tamén se teñen en conta outros riscos como poden ser o ruído ou contactos eléctricos, entre outros, e se dan indicacións respecto da protección da maternidade, embarzo e lactación así como de primeiros auxilios.